RCD / NOVAS

David Simón, novo xogador do Dépor 2018-2019

27/07/2018 18:00

David Simón Rodríguez Santana (As Palmas, 16 de decembro de 1988) é, desde esta tarde, novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

Até este momento o novo lateral dereito deportivista desenvolveu toda a súa carreira no fútbol canario, entre a UD Vecindario e o seu club de procedencia, a UD Las Palmas, sumando 145 partidos, 5 goles e 17 asistencias no seu haber.

Após pasar recoñecemento médico na tarde de hoxe nas instalacións do policlínico HM Matogrande, incorporarase mañá aos adestramentos do Dépor na Cidade Deportiva de Abegondo.

Máis novas de: DAVID SIMÓN