RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Decisivo triunfo de España no Europeo sub-19, con Teresa no once inicial

- Foto: RFEF -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira están en Suíza coa selección española, na defensa do título de campioas de Europa sub-19.

A gardameta e centrocampista branquiazuis tiveron hoxe sábado no estadio Herti Allmend de Zug unha cita transcendental ante a anfitrioa, Suíza.

Gañaron as españolas (0-2), con Teresa no once inicial. Malena non chegou a saltar ao terreo de xogo.

España xogarase o pase ás semifinais no terceiro partido da Primeira Fase, ante Francia, este martes 24 de xullo (18:15) en Zug.

Na primeira xornada disputada o pasado mércores, con Teresa Abelleira titular e Malena no banco, as españolas non puideron coas norueguesas (0-2), que sentenciaron con 2 tantos en 8 minutos da primeira parte.

O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
SUÍZA 0 - ESPAÑA 2

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).