RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Destacada participación de #ANOSACANTEIRA nos torneos de Nadal en Baiona e Elviña

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA interromperon o seu descanso do Nadal para participar hoxe sábado 30 de decembro en tres torneos amigables: en Elviña, Baiona (Pontevedra) e Vigo.

Protagonismo deportivista no Torneo de Nadal Ural CF

Dous equipos branquiazuis competiron na decimosegunda edición do Torneo de Nadal Ural CF, que se xogou nos campos de Elviña (A Coruña): o Benxamín A onte venres 29 e o Alevín A hoxe sábado 30.

Precisamente o Alevín A foi hoxe subcampión, após caer na final co Celta.

Os resultados do cadro deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase

ALEVÍN A 2 (Pablo e Óscar) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0
ALEVÍN A 3 (Pablo, Óscar e Guerrero) - BERTAMIRÁNS 0
ALEVÍN A 2 (Pablo e Álvaro) - XUVENTUDE OROSO 1

Cuartos de final

ALEVÍN A 6 (Pablo -2-, Carballo, Hugo, Óscar e Héctor) - LALÍN 1

Semifinal

ALEVÍN A 6 (Guerrero -3-, Pablo -2- e Óscar) - URAL 1

Final

ALEVÍN A 0 - CELTA 3

O Benxamín A acabou onte este trofeo en primeira posición, sendo claro dominador, cunha bagaxe de 22 goles a favor e 0 en contra en cinco partidos xogados.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Nico, Xabi, Janusz e Diego) - CALASANZ 0
BENXAMÍN A 6 (Eder -3-, Raul, Janusz e Nico) - OZA JUVENIL 0
BENXAMÍN A 4 (Diego -2-, Nico e Janusz) - OBRERO 0

Semifinal
BENXAMÍN A 7 (Diego -3-, Yago -2-, Íker e Eder) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Final
URAL 0 - BENXAMÍN A 1 (Eder)

O Infantil B proclámase campéon do torneo do CF Erizana de Baiona

O Infantil B participou hoxe sábado 30 de decembro na primeira edición do Torneo Infantil CF Erizana de Baiona (Pontevedra), que se xogou no campo de fútbol Val de Martín.

Na competición, que foi na modalidade de fútbol 7, o conxunto deportivista foi o campión, após derrotar na final ao Celta (3-1). Os branquiazuis, en 7 partidos, marcaron 31 goles e só recibiron 2.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase

CF ERIZANA A 0 - INFANTIL B 4 (Diego, Marco Baña e Marcote -2-)
RIBEIRA B 0 - INFANTIL B 9 (Carreira -2-, Marcote, Marco Baña -2-, Javi Barral, Mardones -2- e Diego)
INFANTIL B 6 (Marco Baña, Marcote, Gabriel, Carreira, Miguel e Javi Barral) - CHAPELA 0
INFANTIL B 3 (Javi Barral, Marco Baña e Gabriel) - COYA 0

Cuartos de final

INFANTIL B 2 (Carreira e Marcote) - VILA DO CORPUS 0

Semifinais

INFANTIL B 4 (Marco Baña -2-, Dani Sierra e Javi Barral) - RIBEIRA A 1

Final

INFANTIL B 3 (Marco Baña, Carlos e Marcote) - CELTA 1

O Alevín B, sexto no Torneo de Nadal Concello de Vigo

O Alevín B disputou no campo Manuel Pahiño en Vigo a quinta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, organizado pola AFAVI (Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo).

O conxunto deportivista finalizou en sexta posición, contra rivais todos de categoría superior ao branquiazul.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase

FC PORTO 2 - ALEVÍN B 1 (Marcos)
AROUSA 4 - ALEVÍN B 0

Partido polo quinto e sexto posto

ALEVÍN B 2 (David e Álex) - LUGO 4