RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Caballo avisa que o partido de La Romareda "decantarase nos pequenos detalles"

Diego Caballo pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo. Cualificou de "novo reto" o partido deste sábado 4 de maio en La Romareda ante o Real Zaragoza (18:00 horas, Movistar Partidazo). "Iremos sacar os 3 puntos", engade.

O lateral deportivista vaticina un final de LaLiga 1|2|3 de alta tensión: "Todos os equipos agora teñen necesidade, pola parte alta, pola parte baixa. Calquer equipo necesita os 3 puntos".

Explica que máis que no rival, neste caso o Real Zaragoza, "fixámonos en nós mesmos. Temos que facer as cousas que sabemos facer e depender dun mesmo".

Iso si, admite que fronte a fronte estarán sobre o céspede os dous equipos con máis títulos da categoría: "É un Club con moita historia, como o Deportivo. Será un partido difícil porque ambos os equipos teñen necesidade. O partido decantarase polos pequenos detalles. Tentaremos estar o mellor posible para que se decante ao noso lado".

Recoñece que a vitoria do pasado venres en Soria ante o CD Numancia significou para o Dépor "alivio, quitarche de encima esa sensación de que non estás a conseguir os 3 puntos, que ao final do partido é o máis importante. Aliviado e algo máis relaxado".

Titular nestes últimos partidos en detrimento de Saúl ou Dubarbier, Diego subliña que "hai duelos bonitos durante toda a temporada e estase alternando. Agora estame tocando a min e tentarei seguir".

Aínda que si confesa non "estar no meu mellor momento da temporada, é verdade que tes 6 partidos para reivindicarche e facelo o mellor posible". Iso si, séntese "satisfeito" pola súa temporada, a primeira no fútbol profesional: "Cando sobes a un equipo profesional, imaxinar contar cos minutos que estou a ter eu é impensable. Alegría propia e nunca conformismo. Sempre con esa ambición que me caracteriza, e con ganas de máis".