RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dobre cita amigable, mañá mércores e o sábado, para o equipo Infantil branquiazul

O Infantil do Dépor encara unha nova semana de pretemporada cunha esixente dobre cita amigable, en ambos os casos ante rivais cadetes, unha categoría superior.

Mañá mércores 22 de setembro, o equipo que dirixe Miguel Figueira mídese nas Eiroas (Carballo) ao Bergantiños CF. O choque arrancará ás 17:00 horas.

E o sábado 25, a Infantil visita á SD O Val no campo de Sinde de Narón a partir das 12:30 horas.

A pretemporada marcha así para o equipo deportivista:

Amigable: Infantil 5 (Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2-) - CD Calasanz B 1
Oviedo Cup: Infantil 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Cup: Juventud Estadio 0 - Infantil 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)
Oviedo Cup: Infantil 2 (Íker Casuso -2-) - Sporting de Gijón 0
Oviedo Cup: Infantil 0 - Atlético de Madrid 10
Amigable: Infantil 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - Victoria CF A 0
Torneo Apertura Monteporreiro: EF Portero 2000 0 - Infantil 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
Torneo Apertura Monteporreiro: Arosa SC 0 - Infantil 2 (Balbas e Íker Casuso)
Torneo Apertura Monteporreiro: Infantil 0 - RC Celta 0
Amigable: Bergantiños CF (cadete) - Infantil, mañá mércores ás 17:00 nas Eiroas
Amigable: SD O Val (cadete) - Infantil, o sábado 26 de setembro ás 12:30 no campo de Sinde

O Ural Español CF, primeiro rival na Liga Galega

O Infantil do Deportivo quedou encadrado no subgrupo B norte da Liga Galega. Os rivais do conxunto branquiazul nesta primeira fase son os seguintes: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Segundo o sorteo realizado nos locais da Federación Galega, o Infantil comeza a liga o próximo 2 de outubro en Abegondo fronte ao Ural Español CF e finalízaa tamén na Cidade Deportiva o 26 de marzo de 2022 ante o Racing de Ferrol.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase polo Título cos cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.