RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous triunfos nos dous partidos de #ANOSACANTEIRA disputados hoxe venres

A longa fin de semana en #ANOSACANTEIRA ten como partido estrela a visita do AD Unión Adarve ao Fabril, prevista para mañá sábado 13 ás 17:00 horas.

O filial branquiazul aspira a ascender postos na clasificación á conta dun rival directo. Os madrileños, 15º na táboa e fóra dos postos de descenso, contan con 2 puntos máis que os fabrilistas.

Para este encontro, que será de entrada libre na Cidade Deportiva para os socios do Dépor, o público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

Tito Ramallo citou aos seguintes xogadores: Alex Cobo, Pedro López, Mujaid, Raúl González, Quique Fornos, Boedo, Gaizka, Gandoy, Carlos López, Blas, Salles-Lamonge, Valín, Villares, Luismi, Juanje, Montiel, May y Uxío.

Son baixa de maneira obrigatoria os lesionados Lucas e Bicho, este afectado dunhas molestias musculares.

A xornada arrancou hoxe venres 12 de outubro, día festivo, con 2 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, o Infantil A impúxose (4-1) ao Xuventude de Oroso. O encontro corresponde á 6ª xornada no grupo norte da Liga Galega, no que é líder o equipo deportivista.

Na Torre, o Alevín A iniciou a liga na Primeira Comarcal A Coruña con triunfo (0-2) ante o Sporting Coruñés A.

O partido do Benxamín A, tamén previsto para hoxe venres, foi aprazado á próxima fin de semana. A razón foi o cambio de calendario motivado pola retirada do Santa María del Mar.

Esta fin de semana tamén xogan en Abegondo mañá sábado o Cadete B (12:15) e Infantil B (10:15); e o domingo 14 Deportivo ABANCA B (18:00) e Xuvenil A (17:00).

Para os encontros do Xuvenil A e Cadete B, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros. Son gratuítos os partidos do Deportivo ABANCA B e Infantil B.

Lonxe de Abegondo compiten mañá sábado o Xuvenil B (en Vilagarcía ás 16:00); e o domingo o Cadete A (ás 12:00 San Pedro de Visma 2, A Coruña).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
8ª xornada: FABRIL - AD UNIÓN ADARVE, o sábado 13 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. AD Unión Adarve; 16. CDA Navalcarnero, Burgos CF e CF Salmantino, 5 puntos; 19. Fabril, 4 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 1 punto

Categoría feminina
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, o domingo 14 de outubro ás 18:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 13 puntos...

Categoría xuvenil
7ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o domingo 14 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Real Racing Club e CD Lugo, 13 puntos; 4. Sporting de Gijón e Oviedo, 11 puntos; 6. Xuvenil A e Atlético Perines, 10 puntos; 8. Ural, 9 puntos; 9. Racing de Ferrol, 8 puntos...

6ª xornada: AROSA SC - XUVENIL B, o sábado 13 de outubro ás 16:00 no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía
Clasificación da Liga Nacional: 1. CD Calasanz e CD Choco, 13 puntos; 3. Pabellón Ourense e Xuvenil B, 12 puntos; 5. Victoria CF e Celta B, 10 puntos...

Categoría cadete
6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE A, o domingo 14 de outubro ás 12:00 en San Pedro de Visma 2 (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 15 puntos; 2. Pabellón Ourense e Ural CF, 12 puntos; 4. RC Celta, ED Val Miñor Nigrán, San Tirso SD, Pontevedra CF e Racing de Ferrol, 9 puntos...

6ª xornada: CADETE B - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE, o sábado 13 de outubro ás 12:15 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. CF Dumbría, 15 puntos; 2. Bertamiráns CF, 13 puntos; 3. Racing Club Villalbés, Cadete B e Bergantiños CF B, 12 puntos; 6. ED Xuventude de Oroso e Escola Estrada Fútbol Base, 10 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: INFANTIL A 4 (Carreira -2-, Sierra e Gabri) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A (un partido máis), 18 puntos; 2. Bertamiráns CF, 15 puntos; 3. Victoria CF, Ural CF e Racing Club Ferrol, 12 puntos...

7ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B, o sábado 13 de outubro ás 10:15 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 18 puntos; 2. Sporting Cambre, 15 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros B, 14 puntos...

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD A 0 - ALEVÍN A 2 (Álex e Erick)

Amigable, disputado o pasado martes: ALEVÍN B 2 (Leandro e Mosquera) - OZA JUVENIL A 1

Categoría benjamín
Amigable, disputado o pasado martes: BENXAMÍN A 8 (Uxío -2-, Gael, Íker, Paulo, Yago, Mauro e Ioan) - OZA JUVENIL B (alevín) 0