RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elena Vázquez incorpórase hoxe luns á concentración da selección española sub-17

A canteirá deportivista Elena Vázquez está convocada pola selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia este mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A futbolista carballesa incorpórase hoxe luns 6 de febreiro á concentración do equipo nacional, tralo partido ligueiro do Deportivo ABANCA B onte en Abegondo ante o Real Oviedo B.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse xa unha praza de titular no filial feminino, líder da Primeira Nacional.

O pasado día 12 de xaneiro, Elena Vázquez tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0).

Tamén disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para a seguinte fase.

Precisamente nesta segunda rolda, xa definitiva, Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo clasificarase para a Fase Final do Campionato de Europa que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.