RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Empate no derbi entre Fabril e Racing de Ferrol, cun tempo para cada equipo

O Fabril e o Racing de Ferrol empataron (1-1) no derbi coruñés do grupo 1º de Segunda División B, en partido pertencente á 22ª xornada.

O partido tivo dúas fases diferentes. Arrancou moi ben o Racing, que se adiantou no marcador grazas a un tanto de Joselu no minuto 19. Este gol deixou tocado ao Fabril, que sufriu para manterse no partido, grazas tamén ao bo traballo do meta Álex Cobo.

Após o descanso, a decoración cambiou. O Fabril dominou o xogo e logrou empatar no minuto 80 grazas a un gol de Romay, que facía xustiza ao visto sobre o campo principal da Cidade Deportiva.

Con este marcador, o Fabril suma 41 puntos no grupo de cabeza da clasificación.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique, Raúl González, Lucas, Martín Bengoa, Óscar, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Diego Caballo, Gaizka e Pedro.

A vindeira fin de semana, o Fabril visita ao Real Madrid Castilla.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1