RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Emre Çolak: José Rodríguez díxome 'non o penses dúas veces. Firma xa'

Emre Çolak compareció esta mañana ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Mostrouse agradecido polo recibimento: "É a miña primeira experiencia despois de 14 anos no Galatasaray. Foi a primeira vez que ía a un equipo diferente. Tratáronme moi moi ben. Grazas a todos eles. Sinto moi ben".

Recoñece que fichando polo Deportivo "cumpro un soño da infancia, poder xogar a liga".

Do Deportivo, sostén Emre "que fichei por un equipo moi forte en España. Gañou a liga. Para a miña carreira é moi importante xogar na liga. Sinto moi contento e feliz. Aquí ao longo dos anos xogaron futbolistas moi importantes. Oxalá poida deixar a miña pegada como deixaron eles". Nomea a Rivaldo, Bebeto, Djalminha, Valerón...

No terreo de xogo, confesa que "me gusta xogar detrás do dianteiro. Pero no Galatasaray xoguei en banda esquerda e dereita. E tamén de defensa lateral".

Acerca de Gaizka Garitano, Emre lembra que "fixo anos bos en Eibar. É un adestrador novo. Tanto el, como os meus compañeiros, como eu temos fame de gañar. Espero que todos xuntos podamos conseguir éxitos importantes".

Conta que o ex deportivista José Rodríguez, co que coincidiu a tempada pasada no Galatasaray, influíu na súa decisión de recalar no Dépor: "Mándame mensaxes todos os días e pregúntame como estou. Antes de fichar falei con el e díxome que podía fichar. Díxome 'non o penses dúas veces. Firma xa".