RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

En Lleida só faltaron os goles

A pesar de que o primeiro cuarto de partido non o vaticinou e o resultado final non o demostra, o Municipal de Recasens en Lleida acolleu un bo partido que puido caer para calquera equipo ou acabar, como finalmente, en táboas.

Até o minuto 22 o Dépor ABANCA non foi capaz de tomar a medida ao campo e á superficie artificial catalá. Moitísimas imprecisións por ambos os bandos, o balón descontrolando e botando constantemente e ningún equipo pisando área, non foron a mellor carta de presentación de dous equipos destacados da categoría.

A partir dese momento si que o partido tomou uns camiños que, inicialmente, fixeron merecedor do gol e a vitoria ao Dépor ABANCA. A primeira chegada grazas á presión de Eva Dios para recuperar o balón dentro da área e servilo para o disparo demasiado cruzado de Ainhoa Marín. Catro minutos despois, unha cesión peligrosísima que chegou botando ata Mireya, obrigando á gardameta local a controlar co peito sobre a liña de gol e Ainhoa non puido roubar cando a baixou ao chan. As chegadas continuaron por mediación de Carlota, que rematou desviado desde a frontal recollendo un rexeite ou unha gran triangulación entre Ainhoa Marín, Eva Dios e María Ruiz que rematou a arousá cun disparo centrado desde a frontal que tivo que desviar Mireya a córner.

O primeiro susto para Ana Valles chegou no 38 cunha entrada de Gómez en área que conseguiu cubrir ata que o balón perdeuse por liña de fondo. A tres do descanso, gol anulado a Ainhoa Marín nun centro de Eva Dios que remata ben Ainhoa por encima de Mireya nun máis que dubidoso fóra de xogo sobre a frontal da área. O mesmo que lle sucedeu a Jone Ibañez no desconto, que viu como o seu gol non subía ao marcador tamén por fóra de xogo.

Após a continuación cambiaron tórnalas do partido. Arrincou con susto pola carreira de Gómez entre as centrais deportivistas que incomodaron o suficiente á dianteira local para que o seu remate fose frouxo ás mans de Ana Valles

Pasada a hora de partido, Ainhoa, en xogada persoal pola dereita, armou un bo disparo polo pau curto para que Mireya sacase unha man e desviase fóra. Tamén tirou Cris desde a frontal da área para tentar anotar. Un centro de Jone Ibáñez que controla ben coa coxa a recentemente ingresada Laura Fernández para desde o pico da área pequena rematar lixeiramente cruzado no que se converteu na mellor ocasión do segundo tempo para o Dépor ABANCA.

A partir de aí, no cuarto de hora definitivo, o AEM puido quedar co tres puntos en tres claras ocasións. A primeira un centro chute raso de Natalia pola esquerda que manda a saque de esquina Ana Valles. A segunda a través de Alexia, que encarou a Valles para que esta salvase o disparo cruzado que puido sentenciar o partido na primeira chegada local con perigo real. Menos que o que tivo o lanzamento de Miró ao traveseiro dous minutos por encima dos 90. Entre elas Inés Altamira rematou un par de veces de cabeza a balón parado no que foron as últimas ocasións visitantes nun partido que tivo de todo menos goles, aínda que ambos os equipos buscáronos e merecéronos.

SE AEM: Mireya, Nadia, Barbii, Miró, Pixu, Natalia, Riso, Mikutaite (Alexia, min. 72), Gómez (Abril, min. 84), Taberner (Jani, min. 72) e Lisa.

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Paula Gutiérrez (María Figueroa, min. 51), Carlota Sánchez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, Eva Dios (Laura Fernández, min. 67) e María Ruiz.

Árbitra: Coral Couso (c. catalán) Amoestou a Barbii (min. 27) e Paula Gutiérrez (min. 49).

Incidencias: partido da 18ª xornada de Reto Iberdrola disputada no Municipal de Recasens (Lleida).