RCD / NOVAS

España, con Teresa de titular, non puido con Noruega na primeira xornada do Europeo sub-19

18/07/2018 20:58

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira iniciaron hoxe mércores 18 de xullo en Suíza, coa selección española, a defensa do título de campioas de Europa sub-19.

A gardameta e centrocampista branquiazuis tiveron como primeiro rival a Noruega, na localidade de Wohlen.

Con Teresa Abelleira no once titular e Malena no banco, as españolas non puideron coas norueguesas (0-2), que sentenciaron con 2 tantos en 8 minutos da primeira parte.

A próxima cita para España será o sábado fronte á anfitrioa, Suíza, nun partido (18:15 horas) transcendental de cara á clasificación para semifinais.

O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
18:15: SUÍZA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).