RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Estamos moi vivos, preparados para gañar contra todos", avisa Seedorf

Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa de Butarque, sobre as opcións de permanencia do Deportivo, que "as matemáticas din que todo é posible".

Do Leganés, subliñou que "xoga moi pechado, moi ben organizado. O Dépor foi a polo partido. O que pasa que un adversario non vaiche a deixar 8 ou 10 ocasións todos os partidos. Tivemos as nosas ocasións e non puidemos aproveitalas".

Vese "igual de motivado, como cando cheguei (ao Deportivo), porque o grupo segue dando respostas positivas". Admite que esta temporada "é un ano particular, pero imos loitar até o final".

Recoñece que "hai cousas que mellorar sempre, e niso estamos todos os días. Pero en xeral os xogadores están a facer un gran traballo e estou contento do que están a dar dentro e fóra do campo".

Asegura que o vestiario "non se vai a vir abaixo. Nós matematicamente podemos salvarnos. Ata que sexa así vou repetir a mesma canción desde que cheguei. Non imos cambiar. ¿Por que non é posible gañar 4 partidos nós? ¿Por que o Levante non pode perder 4 partidos seguidos? O fútbol é así. Vivino eu tantas veces. Sorpréndome que cada semana hai esta pregunta cando vemos que todos os anos pasa".

Lembra que o Levante "baixou con 11 puntos de vantaxe. Ninguén pensaba que podía perder tantos partidos seguidos. Estamos moi vivos, preparados para gañar contra todos, contra Barcelona, Villarreal... contra todos. Aviso a todo o mundo. Se despois non o conseguimos, paciencia. Fútbol é fútbol. Respectando a forza do adversario, que o Barcelona é dos mellores do mundo, temos que ser perfectos. Pero creo que se pode facer. E así imos preparar as cousas. E espero que a afección siga con este ánimo".