RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Estudantes do CEIP Víctor López Seoane empapáronse de deportivismo grazas a 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Medio centenar de estudantes de 6º de Primaria do CEIP Víctor López Seoane gozaron na mañá de hoxe dunha xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no inigualable marco do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces gozaron do privilexio de compartir boa parte da mañá con Iris e Gaby, futbolistas do Deportivo ABANCA, Raúl González e One, xogadores do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos catro futbolistas branquiazuis, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos e asináronlles postais dedicadas e mesmo as camisetas branquiazuis aos alumnos que acudiron ataviados con elas. A xornada finalizou coa habitual foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces concluirá no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao UD Almería, correspondente á 31ª xornada de LaLiga 1|2|3, o venres 22 de marzo ás 21:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles.