RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Exitoso test do Fabril, moi superior en Abegondo ao CD Estradense

O Fabril superou con nota un novo test de pretemporada (4-0), a visita do CD Estradense a Abegondo.

Os fabrilistas foron superiores ao seu rival, sobre todo na segunda metade; e plasmaron o seu dominio no xogo con goles, obra de Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera.

Juan Carlos Valerón, técnico fabrilista, repartiu minutos entre todos os seus futbolistas. Só o meta Pablo Brea quedou no banco todo o encontro.

Fabril: Alberto, Guerrero, David, Yuste, Boedo, Villares, Guedes, Pescador, Cambón, Peke e Álex. Tamén xogaron: Israel, Guille, Kanouté, Javi Sánchez, Mosquera, Barba, Prendes, Rayco e Sarmiento.

A próxima cita de pretemporada para o Fabril será este sábado 10 de outubro no campo da Magdalena de Vilalba ante o Racing Villalbés (17:00 horas).

A pretemporada da Fabril marcha así:

Bergantiños FC 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Javi Sánchez) - SD Compostela 1
UD Somozas 1 - Fabril 2 (Villares e Mosquera)
Fabril 4 (Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera) - CD Estradense 0
Racing Villalbés - Fabril, o sábado 10 de outubro ás 17:00 na Magdalena (Vilalba)