RCD / NOVAS

Fayçal foi titular con Marrocos e Andone xogou os últimos minutos con Romanía

  Dous futbolistas branquiazuis, Fayçao Fajr e Florin Andone, tiveron partido coas súas seleccións hoxe martes 11 de outubro. Ao finalizar, ambos os xogadores emprenderán regreso á Coruña. Espérase que cheguen ao longo do o meuércoles e que o xoves 13 estén a disposición de Gaizka Garitano no adestramento matinal do Deportivo.

11/10/2016 23:04

Marrocos impúxose a Canadá con Fayçal no once inicial
 
Marrocos enfrontouse hoxe martes 11 de outubro a Canadá nun amigable en Marrakech (Marrocos). Con Fayçal Fajr no once inicial, a selección marroquí logrou o triunfo (4-0). O xogador branquiazul disputou completo todo o partido.
 
Tres este encontro, Fayçal ten previsto estar na Coruña mañá mércores 12 de outubro á primeira hora da tarde.
 
O pasado sábado, Marrocos empatou con Gabón (0- 0) no estadio de Franceville na cidade gabonesa dese mesmo nome, en encontro clasificatorio para o Campionato do Mundo de Rusia 2018. O atacante deportivista non gozou de minutos nesta cita internacional.
 
Florin Andone xogou na recta final do Kazajistán - Romanía
 
A selección romanesa visitou hoxe martes 11 de outubro a Kazajistán nun encontro clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. Houbo empate sen goles (0-0). Florin Andone saltou ao céspede no minuto 84 en substitución de Popa.
 
O pasado sábado 8 de outubro, Romanía goleou a Armenia no Estadio da República en Yerevan (0-5). O dianteiro deportivista estivo no banco e non chegou a xogar.
 
Está previsto que Andone estea de regreso na Coruña mañá mércores 12 de outubro pola noite.
 
Celso Borges foi titular na vitoria de Costa Rica en Rusia
 
A Selección de Costa Rica, co mediocentro deportivista Celso Borges como titular, gañou (3-4) o pasado domingo 9 de outubro un amigable ante Rusia, na cidade de Krasnodar (Rusia).
 
O partido foi a única cita da selección costarriqueña neste parón ligueiro. Borges xogou 78 minutos, e foi relevado por D. Guzmán. 
 
O mediocentro deportivista xa se adestrou esta mañá en Abegondo co equipo.

Máis novas de: BORGES, FAYÇAL, ANDONE