RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe: Á xente diríalle que mañá veña ao Estadio. Seguro que será un partido moi bonito

var ivPlayer175000 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer175000.playVideo('player175000', 'rp_filipeluis_abegondo_16_10_09_ts.mpg'

Xa en Abegondo, Filipe fixo todo o adestramento con total normalidade ao revés que Gardado, que acusou moito máis o jet lag. O seu truco, durmir unhas poucas horas no avión e logo manterse esperto ata esta noite para descansar con normalidade no hotel Hesperia Finisterre, cuartel xeral habitual do Deportivo antes dos partidos en Riazor.

Despois da sesión de traballo, e aínda en roupa de faena, tocou rolda de prensa. Filipe confesou ante os medios de comunicación que o día do debut con Brasil foi "un dos máis felices da miña vida". Iso si, asegura estar centrado e con enormes ganas no partido de mañá ante o Sevilla: "Á xente teño que dicirlle que veña ao Estadio. Seguro que se verá un partido moi bonito".