RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe: Voume a gañar á afección do Deportivo no campo

Filipe ofreció esta mañana unha rolda de prensa no Mundo do Fútbol. Algunhas das súas frases foron éstas:

Fichaxe de Maxwell polo Barcelona
"Alégrome muchisimo por el. Axudoume como un irmán cando estaba no Ajax"

Peores momentos
"Durante este verán escoitei e leido moitas cousas que me fixeron dano. Estaba de vacacións e tiña 40 chamadas e mensaxes no móbil. O peor é non saber se ía seguir no Dépor ou xogar no Barcelona"

Foto do persoal en Abegondo
"Consulteino e confirmáronme que non era unha foto oficial. Non tiña a cabeza ben neses momentos"

Causas de porqué ao final quedou no Dépor
"Nunca hai unha causa só ou un culpable só. Máis ben hai unha cadea de erros. Todos nos equivocamos, eu, o meu representante, o Deportivo, o Barcelona..."

Oferta do Barcelona
"A oferta do Barcelona era de oito millóns de euros. Creo que todo o mundo xa o sabe"

Relación co Presidente
"Non se deteriorou en absoluto. Cando queira falo con el sen ningún problema"

Promesa de saír a tempada que vén polo Presidente
"Non"

Citación pola Selección de Brasil
"É o mellor equipo do mundo. É a mellor noticia que se pode recibir"

Preparado para xogar no Santiago Bernabéu
"Estou non ao 100%, senón ao 150%"

Mensaxe para a afección
"Voume a gañar á afección do Deportivo no campo"

Denuncia do Deportivo á FIFA
"Eu non denunciei nin ninguén o fixo no meu nome ao Deportivo. Non se pode tratar así ao Club"

Representantes
"Xa non teño representantes. Agora é o meu pai"

Débeda do Club con Rentistas

"Iso ao meu non me incumbe. A min Rentistas non me importa"

Centrado no Deportivo

"Estou contento por estar aquí, coa miña noiva, a miña casa, os meus cans, o meu Club no que adestro cada día e xogo"