RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Fixemos un gran partido ante un gran equipo", pero "o gol segue faltando", admite Seedorf

Clarence Seedorf confesou na sala de prensa do Estadio Wanda Metropolitano estar "moi orgulloso de como xogamos hoxe. Fixemos un gran partido ante un gran adversario. O gol segue faltando. No fútbol ao final hai que facer goles para gañar".

O técnico holandés insiste en que "cando se xoga mal xógase mal e cando se xoga ben hai que recoñecelo. O equipo fixo un gran partido. Xogando así a vitoria a semana que vén case é matemática. Pero temos que xogar así".

Nesta liña, asegura que "ata que haxa posibilidades matemáticas, nós non imos tirar a toalla. Imposible".

Explica Seedorf que "o Dépor está a mellorar co tempo. Só faltan os resultados. Pero isto é o fútbol. Outras veces vemos que un equipo xoga malísimo 5 partidos e gaña os 5 partidos".

Recalca que "analizar os partidos de forma obxectiva dá forza ao equipo para levantarse rápido, para non perder moral, confianza e crer. Só as matemáticas vannos a facer tirar a toalla".