RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Florin Andone novo xogador do Deportivo para o próximas cinco tempadas

  Florin Andone (Botoșani, Rumania 11 de abril de 1993) converteuse este mediodía en novo xogador do Deportivo tras pasar o recoñecemento médico e asinar o contrato que o vincula ao Club para as próximas 5 tempadas.

O dianteiro internacional romanés, procedente do Córdoba CF, chegou onte pola tarde á cidade para aloxarse no hotel Tryp Coruña e pasar á primeira hora de hoxe as probas médicas pertinentes en Hospital HM Modelo.

Andone mostrouse “moi feliz” e agradeceu ao Deportivo a oportunidade de xogar na máxima categoría do fútbol español”.
 
“Estou moi feliz, para min era vital tentar xogar este ano en Primeira División. Quero dar as grazas ao Deportivo por darme esta oportunidade”, aseverou o xogador.
 
Sobre que pode achegar ao equipo branquiazul, Andone, autor de 21 goles a tempada pasada en Segunda División, destacou que “o único que podo prometer é traballar desde a humildade, como sempre traballo. Tentar dar todo o mellor de min e achegar o meu granito de area ao equipo”.
 
Acerca das referencias que ten sobre o Club e a cidade, o novo xogador deportivista sente afortunado ao chegar “a un club moi grande, histórico, con moita tradición, que mesmo gañou a Primeira División”. Sobre A Coruña, recoñeceu que “coñezo moi pouco, así que espero que me dea tempo a coñecer moito da cidade e do club”.
 
Preguntado pola operación de traspaso e a suposta presión que poida implicar ser o maior investimento realizado polo Club desde hai varios anos, Andone desposuíuse de calquera tipo de peso extra. “Para min implica a mesma responsabilidade se se paga un céntimo que se se paga o que se pagou. Non sinto con máis presión”, dixo.
 
Por último, o internacional romanés, que disputou a pasada Eurocopa coa súa selección, expresou un desexo: “Oxalá quede Lucas, é un xogador valiosísimo”.