RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Galicia, de novo con Carlota e Laura Rivas titulares, non puido con Aragón

- Foto: @Futgal -

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas participaron en Santiago de Compostela coa selección galega sub-17 na Segunda Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas.

As rivais das galegas por unha praza na Fase Final foron Castela A Mancha e Aragón.

Hoxe domingo, Galicia, con Carlota e Laura Rivas no once inicial, acabou esta fase contra Aragón en Santa Isabel. Houbo empate (0-0), un resultado que deixa ás galegas fóra da Fase Final.

Onte sábado, coas dúas futbolistas do Deportivo ABANCA B tamén titulares, houbo empate (2-2) ante Castela A Mancha, nun partido disputado e con alternativas no marcador.

Os resultados de Galicia foron os seguintes:

Sábado 9 de febreiro
GALICIA 2 - CASTELA A MANCHA 2

Domingo 10 de febreiro
ARAGÓN 0 - GALICIA 0