RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado, convocado para o amigable México-Venezuela

Andrés Gardado foi convocado para o partido amigable que disputarán o próximo martes 12 de outubro en Cidade Juárez a Selección de México fronte á de Venezuela. O futbolista do Dépor viaxará a finais

Tamén Rubén Pérez e Adrián foron convocados para dous partidos da Selección Española Sub-21 ante Croacia, pertencentes ao play off de clasificación para a fase final do Campionato de Europa. Así, no campo burgalés do Plantío, España recibirá a Croacia o sábado 9 de outubro ás 21.30 horas. O martes 12 de outubro xogarase a volta, ás 16.00 horas no Estadio NK Varazdin da localidade croata de Varazdin.

Ademais, Lassad visitará Togo o vindeiro domingo 10 de outubro en partido clasificatorio para a Copa de Africa 2012. Pola súa banda, Rindaroy, que debutou co Deportivo no partido do Almería, xogará en Chipre o venres 8 de outubro un partido clasificatorio para a Eurocopa 2012 e o martes 12 de outubro un partido amigable en Zagreb contra Croacia.

Finalmente, Stopira coa súa Selección, Cabo Verde,  mídense a Zimbawe en partido clasificatorio para a Copa de África 2012. O encontro será o domingo 10 de outubro. E Claudio Morel xogará tamén dous amigables con Paraguai: en Sydney ante Australia (9 de outubro) e en Wellington fronte a Nova Zelandia (martes 12 de outubro). Morel chegará á Coruña de regreso o xoves 14 de outubro á primeira hora da tarde, tras dous días de viaxe.