RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: Conseguimos catro puntos en dous partidos difíciles. Estamos moi contentos

Gaizka Garitano reconoció na sala de prensa do Estadio Benito Villamarín que esta noite ante o Real Betis, "chegamos muchísimo a tres cuartos de área pero ahí faltounos o remate, algo diferente".

Ante este primeiro parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, o técnico deportivista fai balance: "Conseguimos catro puntos en dous partidos difíciles. Estamos moi contentos".

Subliña que o equipo "defende ben, xoga ben, combinando. Fáltanos no último cuarto, onde se definen as cousas, pasan cousas diferentes", reitera.

Lembra finalmente Garitano que esta noite de agosto en Sevilla "pagamos moito a calor. Non estamos adoitados na Coruña a isto. Ao final pagamos un pouco o cansazo".