RCD / NOVAS

Garitano: "Esta noite tivemos intres moi moi bos"

06/01/2017 23:44

Gaizka Garitano manifestou na sala de prensa de Cornellá-El Prat que o choque entre o Espanyol e o Deportivo foi "un partido con alternativas, no que a segunda metade os dous equipos queriamos gañar. Fomos os dous a por a vitoria".

O técnico deportivista lamentouse de recibir o empate "cando mellor estabamos".

Insiste Garitano en que esta noite "tivemos intres moi moi bos. Pero o Espanyol tamén aperta. Ao final fixéronnos o empate. Damos por bo o empate porque os dous equipos fomos a por a vitoria".

Máis novas de: GAIZKA GARITANO