Garitano: "No cómputo xeral da eliminatoria fomos máis"
Gaizka Garitano subliñou na sala de prensa de Mendizorroza que "no cómputo xeral da eliminatoria fomos máis. Unha pena, felicitar ao Alavés e desexarlle sorte na próxima rolda".
A xuízo do técnico deportivista, "fómonos ao descanso perdendo 1-0 sendo xa máis once contra once".
Iso si, recoñeceu Garitano que cando o Alavés, na segunda metade, quedou con dez futbolistas, "faltounos unha pinga de paciencia, sumar un pase máis".
A pesar do empate que supón a eliminación do Dépor, o adestrador branquiazul cre que nesta fase da tempada, "o equipo está a xogar ben, dominando os partidos".