RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Germán Lux: ''todos partimos de cero''

  Na rolda de prensa de presentación de cámpaaña "Non te arrisques corazón", Germán Lux también contestó a outras cuestións sobre a actualidade persoal e do equipo.

Da lesión que o apartou do grupo a pasada tempada afirmou que "as vacacións non descansei, cos doutores, o traumatólogo e os readaptadores fixen un plan con moitos exercicios para chegar en condicións e o primeiro día empecei a adestrar normalmente aínda que con pequenas molestias".
 
Sobre a fichaxe de dous novos porteiros, Lux cre que "sempre hai competencia, hai que ser respectuosos entre os compañeiros, traballar xuntos e que haxa competencia sa. Só pódese ser egoísta en querer xogar, o resto hai que pensar no ben común. Partimos en igualdade porque os que chegaron, porteiros e non porteiros, e os que estabamos temos adestrador novo e partimos de cero. O adestrador valorará. Agora hai que pensar en facer unha boa pretemporada sobre todo en Abegondo. Hai que agradecer o que temos e o que está a facer a xente nova que entrou porque as reformas permítennos adestrar mellor, ter máis comodidades, o Deportivo está a crecer en moitos aspectos. Hoxe, moitos xogadores que antes non querían vir agora chámanche para vir ao Deportivo. Gañouse moito respecto e moita confianza e seguiremos crecendo ata ser como o Súper Dépor".
 
Tamén falou do Dépor-Celta que se xogará a próxima semana en Uruguai: "o derbi adoiteime a vivilo a sentilo, poder cruzar o charco e xogar un clásico en Uruguai é ilusionante", antes de profundar na rivalidade "debería haber boa relación, son os dous equipos galego importantes, a rivalidade ten que ser o que ten que ser, sen violencia, só no campo. Hai que gañar sempre, esa é a mentalidade que un xogador ten que ter".
 
Para finalizar, Lux tamén falou dos últimos días da pasada tempada: "sen dúbida as cousas hai que falalas á cara e no vestiario, esa é a miña filosofía. As iniciativas propias foron castigadas. Hai que aprender deses erros para que non volvan suceder".