RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Imos dalo todo até o final", promete o vestiario deportivista

Adrián e Raúl Albentosa compareceron na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O capitán branquiazul quixo lanzar unha mensaxe á afección: "Imos dalo todo até o final. Quedan 27 puntos e esa é a realidade. Estamos nunha situación complicada. Xa levamos moito tempo. Co resultado de onte do Levante complícase máis. Imos seguir até o final. Nunca se sabe se somos capaces de conseguir 2 ou 3 vitorias seguidas, hai que aproveitar este momento, estar preparados e seguir crendo".

Subliña que "todos os deportivistas queren que o Dépor siga en Primeira División, nós como xogadores, a xente como afeccionados; e hai que estar unidos. Quedan 27 puntos e até o final hai que estar unidos".

Nesta liña, insiste en que "aínda queda moito, quedan posibilidades. Ao Levante veulle ben esta xornada, igual a seguinte xornada vénnos ben a nós. Hai que ir cada partido, sabendo que nesta liga se fas un bo partido podes gañar a calquera equipo".

Pola súa banda, Raúl Albentosa, autor do único tanto deportivista, subliñou que "sei o que son, sei o que dou, sei o que achego a este grupo. Como os meus compañeiros están comigo e a xente do Club está comigo, éme igual todo o demais".

Cualifica o ano "malo pola situación do equipo. É a situación máis dura, pero ninguén vai poder comigo. Dígocho eu".

O central deportivista, sobre o partido, destaca que "a ocasións fomos mellores pero iso non vale para nada. O que vale é que entre a pelota dentro e iso custounos".

Ao marcar o gol, sentiu "alivio no aspecto persoal porque necesitaba este empuxe. A confianza fíxome que durante o partido fora crecendo".

En canto ás posibilidades de lograr a permanencia, Albentosa manifestou que "até o último día que teñamos opcións imos pelexar a matar e ímonos a deixar a pel. É o único que podo dicir. É verdade que fixemos as cousas moi mal. O de antes non podemos revertelo. Só podo dicir o que está na miña man. Vou tentar día a día estar como un coitelo para tentar gañar todos os partidos". "Eu non vou tirar a toalla e sei que o equipo non a vai a tirar", advirte.

O equipo regresa ao traballo o mércores pola tarde

O parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais fixo que Seedorf concedese varios días de descanso aos seus xogadores.

O cadro está citado de novo en Abegondo o mércores 21 de marzo ás 18:00 horas, para comezar a preparar xa a visita ao Atlético de Madrid, prevista para o domingo 1 de abril ás 20:45 horas (Bein LaLiga) no Wanda Metropolitano.