RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Inés Altamira renova co Dépor ABANCA até 2024

Inés Juan Altamira (Eivissa, Baleares, 30 de abril de 1994) asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA até a conclusión da Temporada 2023-2024. A futbolista branquiazul asinou o seu novo vínculo nun encontro co presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, nunha nova proba da solidez e perspectiva de futuro do proxecto Deportivista.

Na súa primeira temporada como deportivista, Inés Altamira é unha das xogadoras con máis participación, posto que foi titular en 22 dos 25 encontros disputados até o momento no grupo Norte de Reto Iberdrola. A defensa central balear xogou os 22 partidos completos, sumando 1.980 minutos de xogo, e achegou 2 goles, fronte ao Oviedo Moderno CF en Abegondo e ao FC Levante Las Planas en Sant Joan Despí, e 4 asistencias.

Inés Altamira formouse no CD Atlético Jesús, club de Santa Eulalia del Río (Eivissa). Con 18 anos fichou polo FC Levante Las Planas, no que militou dous cursos, antes de enrolarse no RCD Espanyol, onde permaneceu seis campañas. Finalmente, a pasada temporada fichou polo EDF Logroño. Con estes tres equipos xogou nove temporadas consecutivas na máxima categoría nacional, na que acumula nada menos que 220 partidos.

Esta renovación súmase á asinada recentemente por Ainhoa Marín, outra das futbolistas con maior participación no equipo na presente temporada.