RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Irureta: Hai que pelexar máis que nunca

Javier Irureta apelou unha vez máis ao apoio da afección para superar ao Lille no enfrontamento de Liga de Campións deste martes. O técnico deportivista admitiu "estamos con moita moral aínda que somos conscientes de que o Lille nos vai a crear moitas com

O apertado calendario tamén preocupa ao técnico do conxunto herculino xa que "o equipo está nunha dinámica de moitos partidos e con pouco tempo para recuperarnos". Pero tamén admitiu que "o prestixio da competición e os bos resultados poden ser unha motivación extra para os xogadores, pero sigo estando preocupado polas baixas aínda que", dixo, "a boa clasificación fai todo máis fácil, pero isto ás veces provoca que sexa difícil abstraerse do ambiente". .

Ante o rival francés, Irureta non se confía: "eu sei que o Lille é un equipo moi loitador. Que non se entenda que isto está feito, hai que pelexar máis que nunca, é un equipo moi disciplinado, fisicamente forte e, desde logo, non hai inimigo pequeno, non hai rival fácil e o Lille está a demostrar que está moi ben en Liga de Campións e na súa Liga e hai que pór todos os sentidos para superalo". En canto ás baixas no conxunto galo, para Irureta "a ausencia de Bakari, un home con altura e cabeceador fará que teñan que cambiar un pouco o estilo de xogo, buscando talvez mais a velocidade de Bassir..."

A preguntas dos medios de comunicación sobre a posible titularidade de Djalminha, Javier Irureta afirmou "se está na convocatoria ten as mesmas opcións que os demais de xogar de titular". E engadiu : "o tema non é Djalminha ou Valerón, senón o mellor rendemento do equipo. Hai que gañar e se a min garantísenme que cun ou co outro ou cos dous iamos gañar, seguro que sairiamos así. Ese non é o problema do Deportivo, o problema do Deportivo é que ten que gañar para pasar á seguinte fase.