RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime apunta que "estamos a traballar para facer o xogo que faga falta en cada campo" e vaticina que "o equipo cada vez vaise a sentir máis cómodo"

Jaime Sánchez apuntou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o vestiario é consciente que para o liderado "ademais de gañar en ABANCA-RIAZOR, que iso si que o estamos conseguindo, hai que sacar nalgún partido os 3 puntos fóra. Creo que é unha boa semana para facelo".

Admite que "somos conscientes de que fóra está a custarnos máis, pero para iso estamos a traballar cada semana, sabendo que nos atopamos un tipo de partido que non nolo atopamos en ABANCA-RIAZOR. Está a custarnos máis, pero estamos a traballar moito e oxalá sexa esta semana a que podamos conseguir os 3 puntos".

Do CF Talavera de la Reina, rival este domingo 19 de febreiro no Estadio del Prado (12:00 horas, InSports.tv), opina que "a pesar de que o inicio de liga foi complicado para eles, xa en ABANCA-RIAZOR, aínda que estaba nun momento de adaptación á categoría gustounos. E agora está nun momento de forma moi bo, pero nós temos que traballar esta semana para tentar facer o noso xogo tamén fóra de casa e para sacar os 3 puntos porque para quedar primeiro tamén hai que gañar fóra de casa. Facendo o que temos que facer podemos conseguilo perfectamente".

Recomenda ao equipo "adaptarse tamén a ese tipo de partido" fóra de ABANCA-RIAZOR. "Ademais as últimas saídas puxéronnos o condicionante de que os campos non os regaron, non estaban ben e nós temos que tentar adaptarnos. O noso xogo é máis parecido ao que facemos en ABANCA-RIAZOR, pero podemos facelo perfectamente tamén como o fixemos a última semana. En Talavera de la Reina veremos como está o campo, se o regan. Oxalá podamos facer o xogo co que nós nos sentimos máis cómodos, pero estamos a traballar tamén para facer o que faga falta en cada terreo de xogo", engade.

Recalca que "para os demais equipos vénlles mellor que o campo non estea rápido porque saben cal é o noso estilo de xogo. Eles non están obrigados a regar e por tanto non o fan. É unha cousa que estaría ben cambiala pero a realidade é que agora mesmo temos que adaptarnos e xa está".

Jaime explica que con esta nova forma de xogar fóra de ABANCA-RIAZOR "nosos centrocampistas, que son xente de moita calidade, interveñen menos no xogo, pero demos un paso importante, porque a principio de temporada era impensable que puidésemos adaptarnos a este xogo, nin nolo expuñamos; pero co paso dos partidos démonos conta que é importante tamén. Nesta categoría hai que estar preparado para iso. O outro día sentímonos máis cómodos que se cadra noutros partidos fóra de casa e a partir de aí tentar puír cousas. Seguro que, aínda que non é o noso estilo de xogo máis definido, adaptarémonos porque é necesario nesta categoría".

O defensor branquiazul concede moita importancia "ao tema psicolóxico e seguramente que tamén vaias un pouco condicionado xa fóra de ABANCA-RIAZOR porque obviamente hai tempo que non ganas, sabes que ao equipo cústalle máis e seguramente iso tamén é importante. A partir de aí creo que é un gran condicionante o tema dos campos. O outro día (en San Sebastián de los Reyes) é un campo tamén grande pero creme que condiciona moito o tema de que non reguen porque non roda o balón e iso condiciónanos moito. Pero as últimas semanas estamos a traballar porque sabemos que iso vai seguir pasando. Estamos a traballar para iso e creo que o equipo cada vez vaise a sentir máis cómodo".

Despois de varios partidos no once inicial, Jaime confesa atoparse "moi ben, con moita confianza dentro do campo e moi contento por conseguir chegar a ese nivel de confianza".

Espera recuperarse a tempo da súa inflamación no tendón de Aquiles dereito para o partido en Talavera de la Reina aínda que recalca que "o máis importante é o equipo. Se non estou ao cento por cento comentareillo ao míster, por suposto, e decidirá el tamén. O importante é o equipo. O importante é que gañemos porque é o máis importante, buscar o ben de todos, non só o meu. Se podo estar porque estea ben, perfecto, se non o comentarei e se ten que xogar outro compañeiro, estupendo tamén. E espero que gañemos".