RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jonás Gutiérrez subliña na súa presentación que a forza do Dépor ten que ser o grupo

Jonás Gutiérrez foi presentado hoxe venres ás 13.00 horas como novo xogador do Deportivo, nun acto que tivo lugar na sala de prensa de Abegondo.

Acompañado polo Presidente Tino Fernández, e o Conselleiro da área Deportiva, Fernando Vidal, o internacional arxentino lembrou que trae de Coloccini, Xisco Jiménez e Poroto Lux " moi boas referencias do Club, da cidade, do ben que se vive aquí".

Neste sentido, apuntou que vén "sumar" e subliñou que a forza do Deportivo ten que ser o grupo: "Todos debemos remar para o mesmo lado".

Tino Fernández deulle a benvida e asegurou que "será moi ben tratado e moi querido".

O Presidente aproveitou a oportunidade para mostrar a súa satisfacción coa configuración do persoal e o corpo técnico. Ademais, agradeceu o labor  de Fernando Vidal, Ernesto Belo e Richard Barral polo seu traballo nun verán cun total de 25 operacións entre incorporacións, saídas e cesións.