Jorge Andrade viaxou máis de 20 horas a Cabo Verde para inaugurar unha escola de fútbol
Ao acabar o partido do domingo entre o Deportivo e o Osasuna, Joaquín Caparrós deu dous días de descanso tras pasarse toda a semana traballando, con motivo do partido de Copa do Rei ante o Sevilla e os dous de Liga, de Osasuna e Celta en Vigo. Jorge Andrade, tras disputar ao completo o tres partidos oficiais, pegouse unha malleira de avión e coche, case 20 horas entre ida e volta, para estar o luns ao catro da tarde no país africano de Cabo Verde, inaugurar unha Escola de Fútbol para os nenos máis desfavorecidos que precisamente leva o seu nome e estar xa cos seus compañeiros de novo no Mundo do Fútbol hoxe mércores ás 10.30 horas.
canaldeportivo, A Coruña25/04/2007 20:36
En Cabo Verde, Andrade, de orixe angolana, estivo acompañado, ademais de por varios centos de nenos, polo Presidente do Concello de Praia (Capital de Cabo Verde), Felisberto Vieira; polo Secretario da Mocidade e Deportes do país, Américo Nascimento; e o Presidente da Federación de Fútbol, Mario Semedo.
As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da
Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e
bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e
o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos
malos momentos.
O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un
principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03
procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157
partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e
Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor
na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela
factura.
O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.