RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

José Barcala, director de Metodoloxía e planificación do Dépor, ficha polo Brisbane Roar

José Barcala, director de Metodoloxía e planificación do Dépor até esta temporada, sae da organigrama do fútbol formativo do Real Club Deportivo para fichar polo Brisbane Roar FC de Australia.

O técnico branquiazul, que traballou no Club en dúas etapas, manifestou antes da súa marcha que "sempre me sentín moi valorado e respectado, tanto a nivel profesional como persoal, transmitindo profundo agradecemento ao Consello de Administración, por darme a oportunidade de formar parte deste apaixonante proxecto, nesta nova etapa. Tamén quero agradecer a todos os técnicos e compañeiros de todas as áreas cos que tiven o privilexio de compartir esta viaxe, a súa dedicación e compromiso. Foi fantástico traballar ao voso lado".

De igual modo, o Club quere agradecer a José Barcala o seu traballo durante estes anos e deséxalle a mellor das sortes neste novo reto persoal e profesional.