RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

José Rodríguez: Agora temos que demostrar se somos equipo de Primeira División

José Rodríguez, titular onte en Mestalla no carril dereito, compareció esta mañana en Abegondo ante os medios informativos. "Necesitamos xa unha vitoria", declaró. "Sabíamos do rival de onte (a Vale

Asegura que "o míster está fodido igual que todos. Vin onte ao Presidente, ao míster, aos meus compañeiros no avión e están fodidos. É normal. Pero a nosa Liga empeza a partir de agora. Agora temos que demostrar se somos equipo de Primeira División".

Opina o centrocampista alacantino que "non estamos a facer as cousas ben. Os resultados márcano. E hai que cambiar ésto. Esta semana temos outra oportunidade. É o bo do fútbol".

Ao  seu xuízo, non pesará no equipo o feito de poder entrar en posicións de descenso este fin de semana: "Xa van faltando menos xornadas e sempre dá medo entrar aí. O vestiario non quere falar de descenso porque eu creo que é duro. Pero imos facer todo o posible para que non pase outra vez este ano".

José Rodríguez manifestou que neste tramo da liga, ante rivais directos (Córdoba, Real Sociedade, Xetafe...) "non se pode fallar. Vimos de dous partidos moi difíciles. O Sevilla gústame moitísimo e a Valencia fóra de casa é moi difícil. Agora, como dixo o míster, véñennos cinco partidos moi importantes".