RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Joselu recibe a alta médica e entra na lista de convocados para a Copa, mañá en Sevilla

Joselu recibiu esta tarde, ao finalizar o adestramento, a alta médica e entrou na lista de 18 futbolistas convocados para visitar mañá martes 30 de novembro (22.00 horas, Bein Sports) ao Real Betis no Estadio Benito Villamarín, na ida de dezaseisavos de final da Copa do Rei.

O dianteiro galego é a gran novidade na convocatoria, da que caen a meta Tyto?; e os lesionados Laure, Bruno Gama, Borja Vale e Ryan Babel.

No adestramento desta tarde, en Abegondo, tras un quecemento, houbo un traballo de centros e remates, un exercicio táctico e ensaio de accións a balón parado.

Ryan Babel e Borja Vale deron un paso máis na súa recuperación e realizaron xa unha parte do adestramento co grupo, e outra co readaptador, Fran Molano.
Os 18 convocados desprázanse mañá martes, día do choque, a Sevilla, segundo esta folla de ruta:

Martes 29 de novembro

09.30: Saída do Estadio de Riazor
10.30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
11.45: Chegada aproximada a Sevilla e traslado ao hotel Meliá Lebreros
22.00: Betis - Deportivo no Benito Villamarín

Mércores 30 de novembro

02.00 horas: Saída do voo chárter de Sevilla con destino Santiago
03.20: Chegada aproximada a Santiago

Tras o partido copeiro ante o Betis, Gaizka Garitano citou de novo ao seu persoal o xoves 1 de decembro ás 17.00 horas en Abegondo.