RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez alerta que ante o Raio, ''non podes ter ningún fallo defensivo''

Juan Domínguez compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Alerta do próximo visitante en Riazor, o Raio Vallecano, "un equipo combinativo. Non podes ter ningún fallo defensivo nin falta de concentracion p

O pasado sábado en Granada, Juan Domínguez foi o futbolista branquiazul que máis faltas cometeu, un total de sete: "Agora teño outro rol. A miña posición é diferente. É a mesma zona pero un pouco máis atrasada e éso fai que teña máis responsabilidades defensivas, que teña que facer máis faltas cando é necesario", explica o centrocampista branquiazul.

Neste sentido, asegura atoparse "ben porque é unha posición centrada. Xogo por diante da defensa pero non estou escorado a unha banda. Ofensivamente achego un pouco menos porque o meu obxectivo é a saída do balón, é dicir, cando teña o balón darllo á xente que é máis ofensiva que eu, que son case todos menos a liña defensiva".