RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez: Todo pasa por tres puntos, tres puntos e tres puntos

Juan Domínguez parafraseó aquela famosa frase de Luís Aragonés de "gañar, gañar, gañar e volver gañar" e aseguró esta mañana ante os medios de comunicación, na sala de prensa de Riazor, que "sabemos

Cre o centrocampista coruñés que "todos os partidos son clave, importantísimos. E este é un máis, ademais ante un rival directo. Viríanos ben gañar esa distancia cun rival directo polo ascenso como é o Recreativo".

Pide ademais que "non nos poida a euforia nin os nervios. Estamos aquí grazas ao que levamos facendo ata agora". Admite que "hai xente nova no persoal pero non creo que signifique que vaia a haber nervios. Todos somos conscientes do traballo que temos que facer. Sabemos que todo pasa por facer ben o noso traballo".

A xuízo de Juan Domínguez, peza crave no ascenso de hai dúas tempadas con José Luís Oltra de adestrador, "a mentalidade era a mesma, conseguir o tres puntos cada partido para o ascenso. Daquela había rivais máis descolgados, pero eu a situación véxoa igual cada fin de semana".