RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran apunta que o Dépor ''empeza a segunda volta nunha posición privilexiada''

Juanfran manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo, este sábado 16 de xaneiro en Anoeta ante a Real Sociedade (22.05, TVE), "empeza a segunda volta nunha posición privilexiada".  

Admite non obstante que "xa habemos visto que non nos podemos relaxar. Temos que seguir coa mesma intensidade que nos levou a esta posición, a levar estes puntos. Con ilusión de facer un bo traballo e empezar de maneira positiva".

Sostén que a pesar das dúas derrotas seguidas (ante Vilarreal e Real Madrid en liga), "o equipo ten confianza, adestra ben. Seguro que no campo da Real imos facer un bo partido, a sumar e a seguir no noso obxectivo que é a permanencia".

A pesar da derrota copeira, Juanfran lembra que "somos profesionais, cometemos un erro. O outro día non estivemos ben, todos o sabemos. O fútbol é o presente e rápido dáche unha boa oportunidade para resarcirche e facer as cousas ben. E iso é o que imos facer no campo da Real Sociedade. Temos que repornos e os que teñan a sorte de xogar, dar a cara e a intensidade que nos caracteriza".

Á súa opinión, "o equipo está a xogar ben, dá boas sensacións. Veu o Eibar, que é un rival directo da nosa liga e gañóuselle de maneira contundente. Fomos ao campo do Xetafe e competimos ante un equipo que se ha visto que está nun momento. Creo que estamos ben. Hai que ter tranquilidade e sobre todo seguir traballando e mellorando para sobre todo que non pasen tantos partidos sen gañar. Con 27 puntos non podemos falar nunca de crises".