RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kika, novidade nun ilusionado Dépor ABANCA para o primeiro asalto polo ascenso de mañá en Abegondo

O Deportivo ABANCA afronta desbordante de ilusión o partido de ida da segunda eliminatoria do playoff de ascenso mañá domingo 12 de maio en Abegondo (11:00 horas) ante o CD Femarguín con 1.900 invitacións despachadas. Ilusión por tanto no vestiario branquiazul e tamén no deportivismo, que abarrotará as bancadas da Cidade Deportiva.

A novidade na convocatoria deportivista é a presenza de Kika, xa recuperada da súa lesión de nocello. Un reforzo importante neste asalto final polo ascenso á liga Iberdrola.

Manu Sánchez citou ademais ás seguintes xogadoras: Curbelo, Miralles, Michelle Romero, Gaby, Peke, Cris, Nuria, Teresa, Patri Díaz, Erika, Raquel, Yamamoto, Silvia Mérida, Alba Merino, Lía, Patri López e Iris.

Son baixa por lesión Miriam e Laura.