RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laura seguirá nas filas do Deportivo ABANCA

Laura Vázquez López ampliou o seu compromiso co Deportivo ABANCA, co que continuará xogando na Temporada 2018-2019.

Laura, de 18 anos, chegou á disciplina branquiazul o pasado verán, procedente do Atlántida Matamá. Na súa primeira campaña co Dépor ABANCA xogou 15 encontros en Segunda División Nacional, nos que anotou 2 goles.

Laura comezou a xogar aos 5 anos co Santa Mariña, ao que capitaneou na súa vitoria no Torneo Real Club Deportivo de categoría Benxamín en 2010. Seleccionada galega nas categorías sub-16 e sub-18, con posterioridade militou nos primeiros cadros de El Olivo e Valladares.

Con esta fichaxe, Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, conta a día de hoxe con 15 futbolistas: Anita (porteira), Cris, Laura, Mérida, Raquel, Miriam, Érika (defensas), Teresa, Kika, Iris (centrocampistas), Gaby, Peke, Michelle Romero, Nuria e Ali Muñoz (dianteiras).