RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: O Club fixo un traballo espectacular. Agora é o momento de competir

O capitán Laure manifestó en rolda de prensa que o vestiario "non lle dá moita importancia" á discusión ocorrida esta mañana en Abegondo no transcurso do partido de adestramento, e que motivó que Víctor

"Chega a competición, o adestrador ten que decidir, e todos queremos xogar. E éso é bo, pero sempre respectando aos compañeiros, tendo unha actitude cívica. Creo que é bo que a xente queira xogar, pero sempre respectando", subliña.

O lateral deportivista desvelou que o vestiario chegou a un compromiso de que "ésto non volva pasar, que se compita pero que non cheguemos a estes extremos".

Laure apunta que o Club este verán "fixo un traballo para min espectacular. E agora é o momento de competir no campo e de demostrar que hai un persoal mellor".

Un dos futbolistas máis veteranos opina que "o teu orzamento, o teu circustancia márcache o teu mercado. Este ano puidemos facernos con xogadores importantes en propiedade, que iso é boísimo. Valóroo moi positivamente, porque seguro que vai haber un plus de compromiso".