RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: Teño a sensación que este ano vai ser moi bo

Laure, segundo capitán do Deportivo, manifestó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que "teño a sensación que este añou vai ser moi bo. Imos facer unha pretemporada moi traballada, moi de equipo. E imos chegar

Opina que o ano pasado "fomos atopando a personalidade do equipo. Este ano cando empezo o equipo vai empezar coa súa personalidade, coa súa idea clara. E cada un sabendo o que é o Deportivo e o que vai ofrecer".

Confesa que empeza a pretemporada "con moita ilusión de empezar, de ver que se están facendo as cousas moi ben. Ilusionado deste ano".

Sobre as novas incorporacións (Navarro, Arribas...) Laure defíneos como "xogadores que xa coñecemos todos, experimentados, con partidos en Primeira División, e éso é importantísimo. Veñen sumar e encantado de que estean aquí".

Subliña o lateral deportivista que "me gusta o estilo de fichaxes que se está facendo. Non dígoche que os anos anteriores sexan malos. Pero este tipo de xogadores con partidos en Primeira División é unha garantía".