RCD / NOVAS

Lista de convocadas para o Dépor ABANCA-EDF Logroño

16/11/2019 12:30

O Deportivo ABANCA ten cita co EDF Logroño na Cidade Deportiva, mañá domingo 17 de novembro ás 16:00 horas (Gol), en partido correspondente á 9ª xornada na Primera Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a 17 futbolistas, todas as dispoñibles: Misa, Cris, Villegas, Érika, Maya, Peke, Athenea, Michelle Romero, Nuria, Teresa, Alba Merino, Gaby, Iris, Mérida, Kika, María Méndez e Miriam. Son baixa Sullastres e Laura, ambas as dúas cunha infección respiratoria.

Hoxe sábado, as xogadoras do Dépor ABANCA, facendo uso do seu dereito á folga, non se presentaron na Cidade Deportiva ao adestramento programado polo corpo técnico.

Tralo choque ante o equipo rioxano, o cadro branquiazul adestrarase de novo en Abegondo o luns 18 de novembro ás 17:00 horas.