RCD / NOVAS

Lista de convocados do Fabril para o partido de mañá nas Mariñas de Sada

06/08/2019 19:15

Mañá mércores 7 de agosto, o Fabril xogará os cuartos de final da Copa Deputación ante o Sporting Sada.

O choque, gratuíto para os afeccionados, arrancará ás 20:00 horas no campo das Mariñas.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Boian, Eimil, Parga, Iñigo Reinoso, Villares, Kanouté, Novo, Mosquera, Aarón, Pedro, Jawed Boumeddane, Iván Guerrero, Sarmiento, Yuste, Prendes, Pedro Barbolla e Juan Rodríguez. Ademais, poderíase incorporar á convocatoria algún dos canteiráns que se adestran con Juan Antonio Anquela, no caso de que non sexa convocado para o partido de mañá mércores do primeiro equipo en Luarca ante o Unionistas de Salamanca CF.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final) e ao San Tirso SD (oitavos).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas, 20:00 h: Sporting Sada - Fabril