RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista do Dépor ABANCA para a final da Copa Deputación de mañá mércores en Carballo

O Deportivo ABANCA disputa a final da Copa Deputación ante o Victoria CF mañá mércores 14 de agosto a 18:00 horas, con entrada gratuíta para os afeccionados nas Eiroas (Carballo).

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou ás seguintes xogadoras: Miralles, Misa, Cris, Sara Álvarez, Laura, Noelia Villegas, Kika, Alba Suárez, María Méndez, Yamamoto, Carlota, Peke, Athenea del Castillo, Michelle Romero, Nuria Rábano e Sofía.

As branquiazuis apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final), Orzán SD (cuartos de final) e Victoria FC (semifinais).

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), 18:00 h, Victoria CF - Deportivo ABANCA
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:15 h Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino; 18:15 h Sporting de Gijón - Dépor ABANCA
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)