RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: As sensacións do equipo son boas

Albert Lopo compareció esta mañana no Mundo do Fútbol ante os medios informativos, minutos antes de saír rumbo á segunda concentración de pretemporada. O defensor catalán, un do catro capitáns do persoal, asegura que &qu

Cre Lopo que o Club "non debe volverse tolo co lateral zurdo" porque, segundo a súa opinión, "coa axuda de todos podemos facer un bo xogador co que hai aquí". Cualificou ao Olympiakos e Lazio, os dous últimos rivais do Dépor nesta pretemporada, como "dous equipos de categoría e que ademais xogan en campos moi complicados".
 
Por fin, confesou Lopo estar nun momento "moi bo" da miña carreira, preto de cumprir 300 partidos en Primeira División.
 
Por outra banda, Seoane, o único fabrilista convocado por Lotina para esta segunda xira estival do Dépor, manifestou estar "moi contento" con viaxar. "Se podo participar nos dous partidos, mellor", engadiu.