RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: Gañar sería un paso moi importante para o equipo

Albert Lopo volve a Barcelona e a xogar ante o Espanyol, o que foi o seu Club desde ninñou. "Para mí sempre é especial este partido. O Espanyol foi o Club  no que me formé e o que me deu a oportunidade de dar o salto ao f&ua

Iso si, no momento no que o colexiado indique o inicio do partido o domingo 13 de marzo ás 17.00 horas, Lopo defenderá ao Deportivo: "Queremos escapar desa zona baixa. Gañar daríanos máis tranquilidade porque tamén hai enfrontamentos directos aí abaixo. Gañar sería moi positivo", insiste o central catalán.

Cre que o Espanyol "é un bo equipo con bos xogadores. Todos os equipos teñen un baixón e se cadra eles estano tendo pero no seu campo é un rival moi difícil. Aperta moito a xente e vai ser moi difícil".

Aínda que asegura que o Dépor sempre sae a gañar, ás veces "máis vale amarrar un punto que ningún. Nós sempre queremos sumar de tres en tres pero é unha materia pendente xogar fóra de casa", recoñece Lopo.