RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: O domingo temos que gañar si ou si. Polo civil ou o criminal, como adoita dicirse

Albert Lopo se erigió esta mañana no Mundo do Fútbol no portavoz do persoal deportivista. "O domingo temos que gañar sí ou sí. Polo civil ou o criminal como adoita dicirse. Levamos unha semana moi difícil par

Asegura ademais que tras o catro derrotas consecutivas en Liga, "o orgullo témolo bastante tocado. Despois da tempada tan boa que fixemos ata fai uns poucos partidos, é unha pena que o tiremos todo pola borda". Por todo iso, insiste en que o choque ante o Real Racing Club é "o máis importante da tempada". "Non se nos pasa pola cabeza perder ou empatar", engade. É máis, di Lopo non estar en absoluto pendente do rival: "Cando nós estamos así, pouco importa o que teñamos enfronte".

Non cre Lopo que as baixas de longa duración de Filipe ou as lesións que sufriron futbolistas por exemplo Gardado afectase ao rendemento do equipo na segunda volta: "Gañamos partido sen eles. Son baixas importantes pero o resto do equipo estamos aí". Esta mala serie de resultados, segundo o central catalán, débese a un cúmulo de circunstancias negativas: "En defensa non estamos tan finos, fallamos goles ás veces claros cando na primeira volta metiámolos ata co cu..."

Por fin, en canto á súa renovación polo Deportivo, Lopo asegura que as cousas están igual, aínda que matiza que "agora non é o momento de falar doutra cousa que non sexa o partido do domingo".