RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: 'Para seguir en Primeira é clave facerse forte en casa'

Alberto Lopo coincidió coas manifestacións de onte de Canella e recalcó esta mañana na sala de prensa de Riazor que "para seguir en Primeira é clave facerse forte en casa"

Preguntado sobre os reforzos para o centro da zaga, Lopo ve "claro que veñan centrais porque estamos só dous e éso é un alivio para nós. Con dous pasa calquera cousa e quédasche un pouco en cadro. E logo o equipo notará máis competencia e sobre todo máis xogadores nese posto".

Cre Lopo en que "hai que mellorar en todos os aspectos e tamén nas xogadas a balón parado, que non é algo novo para nós. Tampouco hai que crear unha psicose en que cada falta, que haxa volver se tolos ou nerviosos. Hai que defender ben, é concentración. Un exemplo que puxo o outro día foi Laure, que lle tocou co Arabi e non lle deixou case moverse. Moitas veces é máis tema persoal que colectivo".