RCD / NOVAS

Lopo vaticina un partido 'moi disputado' en Valencia, 'con dous equipos replegados atrás'

Alberto Lopo compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. O central deportivista, con 381 partidos disputados en Primeira División, vaticina un partido "moi disputado" no Ciudat de Valencia ante o Levante este venres (20.45, Gol T e Canle + Liga). "Xogamos no seu campo, un campo difícil como é o do Levante. Empezaron mal como nós, sacaron uns bos resultados, puxéronse á vez como nós e vai ser un partido moi disputado. De gañar será unha vitoria moi importante", subliña Lopo.

07/01/2015 19:21

Cre que no partido haberá "dous equipos replegados atrás. Eles esperan que o rival leve o peso do partido. Imos ver como se dá, pero imos con toda a intención de sacar o tres puntos aí".

Insiste Lopo que non é unha final o choque deste venres, "porque non é o último partido, pero si é un partido importante contra un rival que está aí connosco".

Sobre Oriol Rise, a nova incorporación deportivista neste mercado de inverno, Lopo veo "ben. Vén en forma, con ganas de axudar e achegar. Fichaxes así benvidas son".

Desexou ademais "recuperar canto antes" a Lucas, que hoxe completou o adestramento co grupo (sen a alta médica). "É un xogador importante, como todos os que estamos en persoal. Está claro que el ten un plus que se cadra non temos outros. Ten esa vitalidade que non temos outros".

Máis novas de: LOPO

RCD / Noticias Relacionadas