RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Imos ir ao Camp Nou a por o partido

Miguel Ángel Lotina confirmó a presenza de dous cambios no once inicial do Deportivo no Camp Nou. Munúa substituírá a Aouate na portería e Antonio Tomás entrará no centro do campo. "Non son castigos. N

Promete o adestrador do Dépor que o equipo irá xogar " ao fútbol" ao Camp Nou e "a por o partido. En Madrid, no Santiago Bernabéu, criticástesme que no minuto 20 do segundo tempo fun a gañar e ao final perdemos. Eu tiña sensacións de que podiamos levarnos o tres puntos. En Barcelona como vexa que nos podamos levar o triunfo, irei a por o partido". Iso si, deixou claro Lotina que o Barcelona é un gran equipo, "un equipo de pase". Por éso non lle preocupa ningún en especial: "Cando todos os xogadores son do nivel dos do Barcelona a verdade é que prefires non pensar en ningún en particular", advirte.

Pola súa banda, o central Adrián López sostén que o equipo "ten que seguir adestrándose como ata agora" e definiu ao Barcelona como "un rival de moita entidade". Así mesmo, Antonio Tomás recoñeceu en rolda de prensa a súa satisfacción pola oportunidade que terá mañá en Barcelona. "Estiven cinco meses tranquilo e agora chégame a hora", comentou.